Novo servizo de información SMS
ALSA lanza o seu novo servizo de información SMS
- Permite recibir información sobre horarios, prezos e número de localizador directamente no móbil
- En seis meses estará dispoñible tamén a compra de billetes a través do móbil
Alsa, o operador español líder en transporte de viaxeiros por estrada, presenta Info SMS, o seu novo sistema de información a través de SMS que permite ao cliente recibir directamente no seu móbil toda a información relativa á súa viaxe.
Unha vez realizada a compra dun billete a través da web ou do 902 da compañía, o cliente recibirá de forma gratuíta e automática unha mensaxe SMS no seu móbil no que se lle confirma o localizador do seu billete, co cal poderá acceder directamente ao autobús, sen necesidade de billete físico.
Adicionalmente a este servizo gratuíto, o cliente que lo desexe pode obter información adicional sobre a súa viaxe enviando unha mensaxe de texto(*) ao 5567 coa palabra chave relativa á información que se desexe consultar: Info horarios, Info prezo, Info saldo de puntos Alsa Plus e recibirá no seu móbil a información requirida.
"Esta é a primeira fase dun proxecto cuxa evolución culminará nos próximos seis meses coa posibilidade de comprar e pagar o billete directamente a través do móbil" sinala Salvador Santos, director xeral da División Comercial de Alsa.
Alsa é a primeira compañía de transporte de viaxeiros por estrada en ofrecer este tipo de servizo aos seus clientes, o que, en opinión de Santos "sitúanos unha vez máis na vangarda no que respecta a ofrecer aos nosos clientes as vantaxes das novas tecnoloxías".
(*) Custe da mensaxe SMS: 0,60 euros + IVE
Gabinete de prensa.
Volver a noticias
