Uso de cookies

En ALSA empregamos cookies, propias e de terceiros, para mellorar a súa experiencia de usuario, mellorar os nosos servizos e para lle mostrar publicidade relacionada cos seus preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando ou volve a acceder ao portal de novo sen trocar a súa configuración, consideraremos que acepta recibir cookies nesta páxina web. Recordámoslle que pode modificar a configuración de cookies do seu navegador en calquera momento así como obter máis información da nosa política de cookies.

Responsabilidade social corporativa

ALSA entende a Responsabilidade Social Corporativa como a integración por parte da nosa organización das preocupacións sociais e ambientais nas nosas operacións comerciais e nas relacións cos nosos interlocutores

Conscientes de que as cuestións relacionadas coa mellora dos impactos sociais e ambientais da nosa actividade empresarial son cada vez máis importantes, dende hai años Alsa vén apoiando iniciativas sociais de moi diversa índole -culturais, científicas, deportivas, benéficas, ...- e desenvolvendo as nosas propias accións de Responsabilidade Corporativa.

Tamén promovemos iniciativas culturais propias, como a edición periódica de libros de peto que se distribúen gratuitamente entre os viaxeiros, ou a convocatoria anual do concurso literario "Contos sobre Rodas".

As liñas de acción preferente nas que Alsa desenvolve os seus programas de Responsabilidade Corporativa son:

  • A Seguridade: Todas aquelas actuacións encamiñadas a aumentar a seguridade das nosas operacións para viaxeiros e empregados.
  • O Ambiente: A promoción do uso do transporte público e maila xestión das nosas actividades dende un punto de vista ambientalmente responsable. As nosas actuacións neste campo diríxense a: Reducir progresivamente os impactos ambientais da nosa actividade, o uso de enerxías e tecnoloxías limpas que reduzan as emisións, a implantación de sistemas de xestión ambiental, a ecoeficiencia das nosas operacións e a promoción da sensibilización ambiental.
  • A Excelencia Operativa: Todas aquelas actuacións encamiñadas a mellorar a nosa eficiencia operacional e que promovan a mellora continua da calidade de servizo aos nosos clientes.
  • As Persoas: Iniciativas e boas prácticas desenvolvidas para atender as expectativas dos nosos empregados. Desenvolvemento de actividades de formación, facilidades de acceso a colectivos específicos con dificultades de integración no mercado de traballo e medidas que contribúan á conciliación da vida familiar e profesional.
  • O Compromiso coa Comunidade: Accións que contribúan á consecución de obxectivos de carácter xeral en favor da Comunidade en distintos terreos, como: Actuacións encamiñadas á loita contra a pobreza, axudas que promovan a integración social de colectivos con dificultade, a difusión e mecenado cultural mediante o apoio a actividades culturais ou deportivas, ou accións de difusión e concienciación ambiental da Comunidade.