Uso de cookies

En ALSA empregamos cookies, propias e de terceiros, para mellorar a súa experiencia de usuario, mellorar os nosos servizos e para lle mostrar publicidade relacionada cos seus preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando ou volve a acceder ao portal de novo sen trocar a súa configuración, consideraremos que acepta recibir cookies nesta páxina web. Recordámoslle que pode modificar a configuración de cookies do seu navegador en calquera momento así como obter máis información da nosa política de cookies.

Historia de Alsa

Historia de ALSA

A innovación permanente, a mellora continua e maila xestión do transporte orientada ao cliente son as pautas que marcan a historia e o presente de ALSA, unha organización inmersa nun mundo intercomunicado que olla cara o futuro coa mesma ilusión que tiña nas súas orixes.

As estradas occidentais da Asturias de finais do século XIX, foron testemuñas do nacemento da nosa empresa de mans de "La Ferrocarrilana", primeira compañía de dilixencias de Luarca que facía o traxecto de Luarca-Oviedo en 15 horas. Anos máis tarde, en 1899, con material e nome renovado, "El Luarca, automóviles de viajeros", mellórase ese tempo en oito horas cos seus recén adquiridos coches de vapor, os primeiros da empresa.

Finalizando o século XIX, e comezando o XX, a sociedade vai experimentar un profundo cambio. Os avances tecnolóxicos, que permitiron substituír a tracción animal polas máquinas de vapor primeiro e polos motores de explosión despois, ofrecen óptimas posibilidades para o desenvolvemento do transporte.

O transporte de viaxeiros e mercancías era de vital importancia, tanto polo subministro de alimentos e existencias que facilitaba, como por propiciar o desenvolvemento e intercambio sociocultural entre as comunidades ás que atendía. Foron comezos difíciles, de laborioso traballo, pero que serviron para fundamentar as bases nas que hoxe se asenta a nosa profesionalidade.

A zona occidental de Asturias despegaba nunha traxectoria de desenvolvemento económico. Automóviles El Luarca (denominación que foi adquirindo co tempo) participou nese crecemento realizando a súa primeira viaxe en xuño de 1916 cun coche de motor de gasolina.

Apoiándose na experiencia acumulada no transporte de viaxeiros e mercancías, constituíuse, en 1923, a sociedade Automóviles Luarca, S.A. (A.L.S.A.), materializándose nun esquema moderno as bases de toda unha serie de actividades relacionadas co transporte que hoxe representan a realidade de ALSA.

Dende entón, ALSA conceptuouse como unha empresa máis especializada e capacitada no medio das actividades propias do transporte de viaxeiros por estrada.

A década dos anos sesenta marcou un punto de inflexión na historia de ALSA e supuxo un enorme avanzo e o inicio do constante crecemento da nosa empresa.

En 1964 púxose en marcha a primeira liña internacional Oviedo-París-Bruxelas, e ese mesmo ano, o servizo regular Asturias-Madrid. Estas novas incursións fixeron posible que os seus vectores se dirixiran a outros puntos de Europa (Suíza, Portugal¿), ampliando paso a paso a súa rede de transporte e chegando cada vez a novas comunidades.

O proceso de internacionalización fóra do ámbito europeo comezou en 1984 coa implantación na República Popular Chinesa. O seguinte paso foi a entrada no Reino de Marrocos, mediante a adxudicación da xestión do transporte urbano de Marrakech, obtida en 1999.

Empresas punteiras no ámbito das súas respectivas rexións de Galicia, Cantabria e Castela e León pasaron a formar parte de ALSA nos anos 90. En 1999 adquire a empresa pública Grupo Enatcar.

Trasladándonos ata o noso presente, o momento máis importante está marcado pola integración que en 2005 se produce co operador británico National Express Group, e, máis recentemente, a adquisición no ano 2007 do Grupo Continental Auto, segundo operador nacional de transporte de viaxeiros por estrada.

A innovación permanente, a mellora continua e maila xestión do transporte orientada ao cliente son as pautas que marcan a historia e o presente de ALSA, unha organización inmersa nun mundo intercomunicado que olla cara o futuro coa mesma ilusión que tiña nas súas orixes.

  1. 1889

    La Ferrocarrilana, empresas de dilixencias de Luarca, primeiro antecedente da Sociedade

  2. 1890

    Nace El Luarca Automóbiles de Viaxeiros, que incorpora o primeiro coche de vapor da compañía

  3. 1916

    Automóbiles el Luarca realiza a súa primeira viaxe cun coche de gasolina

  4. 1923

    Constitúese Automóbiles Luarca Sociedade Anónima (ALSA)

  5. 1924

    Novas instalacións en Luarca

  6. 1926

    Incorporación das populares "bañeiras" á flota de ALSA

  7. 1941

    Inauguración da Estación de Autobuses de Xixón

  8. 1942

    Autobús de Gasóxeno que circulou trala Guerra Civil

  9. 1956

    Os "Aclos" chegaron a ALSA

  10. 1964

    Establécese o servizo regular Asturias - Madrid