Uso de cookies

En ALSA empregamos cookies, propias e de terceiros, para mellorar a súa experiencia de usuario, mellorar os nosos servizos e para lle mostrar publicidade relacionada cos seus preferencias mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando ou volve a acceder ao portal de novo sen trocar a súa configuración, consideraremos que acepta recibir cookies nesta páxina web. Recordámoslle que pode modificar a configuración de cookies do seu navegador en calquera momento así como obter máis información da nosa política de cookies.

Alsa dunha ollada

Con máis de cen anos de experiencia e unha vocación de innovación permanente, Alsa é a organización líder no sector español de transporte de viaxeiros por estrada

Trala súa integración no grupo británico National Express, primeiro operador de autobuses e trens no Reino Unido, consolidou a súa posición de liderado coa adquisición en 2007 do Grupo Continental Auto.

A concepción do transporte dende unha visión integral e a satisfacción permanente do cliente, son as premisas sobre as que Alsa desenvolve a súa actividade.

Como operador integral é quen de atender as diferentes necesidades de mobilidade dos cidadáns mediante unha ampla variedade de servizos de transporte: tanto regulares (nacionais e internacionais), rexionais, urbanos e discrecionais (aluguer de autocares).

Así mesmo, Alsa está especializada na xestión de Estacións de Autobuses, Áreas de Servizo e Áreas de Mantemento de vehículos.

Na actualidade conta cunha moderna frota integrada por 2.300 autobuses, que cada ano percorren máis de 330 millóns de quilómetros. Máis de 183 millóns de pasaxeiros ao ano son atendidos por un competente equipo formado por 5.500 profesionais.

Baixo o principio da seguridade, o cliente é o centro do esforzo empresarial de Alsa, que se desenvolve con criterios de profesionalidade, calidade e innovación, sobre a base do compromiso da sociedade e a defensa do medio.

De xeito paralelo ao seu desenvolvemento en España, Alsa levou a cabo un intenso proceso de internacionalización, que lle fixo estar presente na meirande parte de países da UE e no Norte de África, ofrecendo, en cada caso, as mellores solucións á mobilidade dos cidadáns.